Asociación Cultural Fraicellus...

A.C.Fraicellus é unha Revista Cultural anual, que naceu en 1997, coa intención de mostrar as ideas, os traballos literarios e as investigacións dos veciños do pobo de Francelos, e da xente dos arredores. O seu obxetivo é ofrecer toda a diversidade de temas relacionados có pobo, coas poblacións limítrofes e, en xeral, coa cultura galega. Desta maneira, na revista, móstranse vellas historias, antigas costumes, lendas, traballos temáticos... sempre escritos en galego, cuxa lingua é un dos eixos principais desta publicación. Comenzarón pouco a pouco, contando con só duas persoas para a súa elaboración. Actualmente os colaboradores aumentaron considerablemente. E si no primero número (que mostraba na súa portada a celosía de San Xes) tratábase do inicio dun proxecto, visible na simpleza, tanto en materiais, como artígos e número de páxinas... có tempo... o sono fíxose realidade, e a calidade, tanto gráfica, como no diseño e no contido literario, convertírona nunha revista imprescindible para coñecer a nosa cultura galega máis próxima. Destacar a Coordinación e o diseño de Fco. Xabier Martinez, as fotografías de Moncho Foto e Santi Miguez Amil, e as colaboracións literarias de Xosé Ramón Estévez, José Luis Chao, Modesto Martínez Carballal, Xesús Alonso, Luisa del C., Isolina Rionegro... entre moitos outros. No 2007 cumpliron unha década, e oxalá cumpran moitos máis...

No hay comentarios:

Publicar un comentario