curiosidades...

PRAIA DE FRANCELOS
Pode que pareza imposible que Francelos teña praia de auga salgada. E preguntarédesvos... ¿como pode ser que un pobo situado no centro da provincia de Ourense, teña costa?. Pois ten unha sinxela explicación. A "Praia de Francelos" está en Portugal. Así se chama a praia situada en Gulpilhares - Vila Nova de Gaia (O Porto). A súa area é branca e ten bandeira azúl. As súas augas teñen fama de curativas, as cales atraen a miles de persoas cada ano, a pesar das súas temperaturas frías. Vila Nova de Gaia está ao sur do Río Douro, e está separada de O Porto por varias pontes. É unha cidade comercial e industrial que grazas a o seu porto tuvo o motor da súa historia. Por aquí saían e chegaban os máis importantes mercaderes da Idade Media, que instalaron os seus almacens na ribeira do río. Polo porto tamen sae un dos tesouros da zoa, o Vinho Verde. Unha curiosidade máis, Vila Nova de Gaia é cruzada por unha gran Avenida tamén denominada Francelos.

OUTROS FRANCELOS:
-Localidade no témino municipal de Rois (A Coruña), conta cunha poboación aproximada de 125 habitantes.
-Poboación no norte de Portugal, pertencente á "freguesia" (parroquia) Vilar de Maçada (unha das 19 freguesias do municipio de Alijó), e ademáis tamén ten unha Capela nominada, da mesma forma, Francelos. Vilar de Maçada ten 374 habitantes e catro poboacións (Cabeda, Francelos, Sarradela, Vilar de Maçada).
-Localidade de aproximadamente 65 habitantes. Francelos xunto Castedo e Vilafrío forman a parroquía de San Xoán de Barredo. Parroquia con 130 habitantes, que pertence a Castroverde, municipio da provincia de Lugo.

OUTROS VALPARAÍSO:
-Pobos da Provincia de Cuenca, Valparaíso de Abajo e Valparaíso de Arriba. Este último pobo é importante por ser natural deste lugar Don Juan de Saavedra, conquistador e fundador de Valparaíso de Chile. Ambas vilas (separadas por escasos quilómetros) pertencen ao Concello de Carrascosa del Campo.
-É un Porto, unha Cidade e Comuna Chilena. Atópase no hemisferio sur de América e ao oeste co Océano Pacífico. Te unha superficie de 402 qm2 e unha poboación de aproximadamente 276.474 habitantes. O casco histórico de Valparaíso foi declarado como Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2003. Existen duas versións sobre a orixe do nome, unha atribueselle a Juan de Saavedra, quén a bautizaría en 1536 co nome de Valparaíso á rada onde atopou a "Santiaguillo" en lembranza do seu pobo de Valparaíso de Arriba (Cuenca). Outra versión atribuelle este nome aos soldados do navegante Juan Bautista Pastene, os cales decediron chamarlle "Val del paraíso", é decir "Valle del Paraíso", e co uso rematou transformándose en Valparaíso.
-Municipio de Colombia, localizado na subrexión Suroeste do departamento de Antioquia. Ten unha superficie de 130 qm2 e unha poboación de 8.033 habitantes. Chamábase El Hatillo, pero máis tarde, José María Ochoa rebautizou ao poboado co nombre actual, Valparaíso, na lembranza da cidade chilena de igual nome. Era unha terra indíxena, habitada por tribus, as cales abandoaron o territorio coa chegada dos españois.
-Municipio do estado de São Paulo (Brasil). Ten unha poboación duns 19.612 habitantes e unha superficie de 861,96 qm2.
-Hay 3 Poboacións en EEUU, en Nebraska (con 563 habitantes), en Florida (con 6.408) e Indiana (con 27,428).
-Localidade do estado federal de Zacatecas (México). Colindante cos estados de Jalisco ao suroeste, Nayarit ao oeste e Durango ao noroeste. O seu nome proven do latín vallis paradisus, 'valle del paraíso'. Conta cunha extensión 5.782,432 qm2, e ten dous ríos moi importantes que son o rio Valparaíso e o Atengo.
-Encoiro de Valparaíso (Zamora), rematado no ano 1988, pertencente á cuenca hidrográfica do rio Duero, e cunha capacidade de 162 hm3.

OUTROS SAN GINÉS / SAN XES:
-Pobo San Xes, pertencente ao Concello de Paderne de Allariz (Ourense). Paderne conta aproximadamente con 1800 habitantes, repartidos por 44 entidades de población, entre as que se atopa esta Parroquia.
-Pobo San Xes, localizado no Concello de A Peroxa (Ourense). Neste municipio hai que destacar, a Igrexa de San Xes, e o Pazo de San Xes do século XVIII.
-San Xes de Vilariño, é unha das seis Parroquias que conforman o Municipio de Lobeira, Comarca da Baixa Limia, ao suroeste da provincia de Ourense, na marxen dereita do río Limia.
-San Ginés é unha Pedanía pertencente ao Municipio de Murcia. Conta cunha poboación de máis de 2.000 habitantes e unha extensión de 2,477 qm². Atópase a 5 qm de Murcia.
-San Ginés de Bamio, coñecido simplemente como Bamio, é unha localidade do municipio de Villagarcía de Arousa (Pontevedra). Está aos pes del impoñente Monte Xiabre, e ten aproximadamente 1.500 habitantes.
-Parroquias en Gerona, Guadalajara e Barcelona,
-Praia de San Ginés, praia na Costa Cálida, Cartagena (Murcia) con 800 metros de longo e 25 de ancho. Con augas tranquilas e area grava. Tamén hai unha Rúal chamada San Ginés, e un Barrio en Abanilla.
-Romería de San Ginés (Sevilla). O 15 de setembro de 1991 tiña lugar a primeira Romería, que recollía un anhelo popular que viña xestándose dende varios anos atrás. Un grupo de amigos puxéronse dacordo pa crear a Romería. En 1995 incorporouse á Romaría a figura da carreta, que ata entón era levado a ombreiro polos devotos sobre unhas andas. Dende ese intre, dous bois tiran da carreta do santo na súa procesión polas Rúas de Gines.
-Prazas de San Ginés en Murcia e Cartagena.
-Rúas: Rúa en Sevilla. Rúa en San Xenxo (Pontevedra). Rúa en Sabiote (Jaén). Rúa en Añon de Moncayo (Aragón). Rúa en Villazopeque (Burgos). Rúa en Guareña, Villanueva del Fresno e Fregenal (Badajoz). Rúa en Villatuerta, Lónguida e Aibar (Navarra). Avenida en Labastida (Alava).
-Teatro de San Ginés, en Santiago de Chile.
-Monte San Ginés (tamén nomeado Monte Miral), álzase ao oeste del Mar Menor (Cartagena), entre Alumbres, Llano del Beal e Cabo de Palos, distante uns once quilómetros do citado mosteiro. Alcanza unha altura de 230 metros e ten un notable interés xeomorfológico polo proceso de karstificación, mineralógico (hai criadeiros de ferro e manganeso) e antropolóxico si se ten en conta a proximidade de Cueva Victoria, dentro do cal atoparonse restos de excepcional interés cultural. Existía un monasterio medieval fortificado que se levantou no século XVI sobre un eremitorio de orixe árabe. En 1541, o papa Paulo III otorgou culto e advocación ao Mosteiro de San Ginés. Coas doazóns dos peregrinos construiuse o claustro e a igrexa.
-Charca de San Ginés é unha laguna natural situada no Concello de Arrecife (Lanzarote), que naceu fai xa máis de 6 séculos como un pequeno Porto pesqueiro natural onde o Charco facía de barreira natural para a entrada e saida dos barcos pesqueiros, e que hoxe en día é un precioso Paseo marítimo. Xunto a este, existe un barrio coñecido como o Barrio da Puntilla que a conforman antiguas e bonitas casas que están xunto á Igrexa de San Ginés, onde se alberga unha imaxe de San Pedro e un cadro atopado de San Ginés. En 1798 é catalogada como Parroquia. Unha Rúa tamén leva este nome.

OUTRAS IGREXAS:
-Igrexa de San Ginés (Burgos), está na ribeira do Duero, é unha das duas igrexas coa que conta Rejas de San Esteban (a outra é a de San Martín), foi románica no súa orixe pero, refeita por completo a principio do século XIX, só conserva da primitiva construcción a galería adosada ao costado meridional do templo e a porta de acceso a través dese mismo pórtico.
-Igrexa de San Xes (Ourense), no Pobo de San Xes, pertencente ao Concello de A Peroxa. Conta cunha fermosa torre barroca con doble balconada.
-Igrexa de San Ginés (Guadalajara), a igrexa actual foi antaño do convento de Santo Domingo da Cruz, xa desaparecido. A súa construcción comezou en 1561. Na enorme fachada de pedra, a portada queda enmarcada por dous grandes contrafortes, que se prolongan en espadañas. Sobre o rosetón central figura o escudo da orden de Santo Domingo.
-Igrexa de San Ginés (Almería), na cidade de Purchena sitúase a igrexa parroquial. A súa construcción iniciouse hacia o1550 polo arquitecto Juan de Orea, e non se rematou ata datas inmediatas á rebelión dos moriscos. O seu estilo é renacentista con notorias influencias do mudéjar granadino. En 1983 a Igrexa foi declarada monumento histórico-artístico pola Junta de Andalucía, e esto favoreceu a súa restauración, iniciada en 1989 ata 1991.
-Igrexa de San Ginés (Valladolid), situada na localidade de Villabrágima. Coñecida por poseer no seu interior un órgano barroco construído por Gabino Ortega en 1779. Edificio do século XVI con reformas en 1798. De pedra e tapial, con tres naves separadas por columnas que sosteñen arcos rebaixados. Dividido en tres tramos, que se cubren, na nave central, con bóveda de arista, as laterales, con bóveda de cascos e no cruceiro con cúpula oval. Coro alto aos pes. Porta en arco de medio punto no lado da Epístola. Torre de tres corpos de pedra. Soberbio retablo maior.
-Igrexa de San Ginés (Soria), é a última das iglesias conservadas en Soria correspondente ao rómanico rural de repoblación. O sue estado actual é de ruina. É un edificio de reducidas dimensións e dunha única nave construida no século XII. Consérvase o muro norte e o muro sur, que contén restos dunha entrada de medio punto e duas pequeñas ventás. Orientada ao Este, como a maioría das igrexas sorianas, perdeu o ábside, que podería ser semicircular ou rectangular. Os muros son de encofrado e a cuberta debeu ser de madeira, xa que non presenta arranque de bóvedas.
-Igrexa de San Ginés (Cantabria), é un templo relixioso baixo a advocación de San Ginés de Arlés, e sede da parroquia da localidad de Cerrazo, do municipio de Reoción, na comunidade autónoma de Cantabria. A pesar de que sabemos da súa existencia, ao menos desde 1118, a actual construcción data probablemente do século XVII.
-Igrexa de San Ginés (Madrid), emplazada na Rúa Arenal. É unha das igrexas máis antigas de Madrid, aparecendo referencias documentais xa no século IX, e declarada monumento histórico artístico nacional no ano 1982. A primitiva construcción é de estilo mudéjar, da que só queda o campanario. A estructura actual corresponde á reforma que sufriu o templo en 1645. Un incendio provocou a destrucción da cúpula e os cubrimentos das tres naves que se renovaron no século XVIII. Nesta igrexa foi bautizado Quevedo e casouse Lope de Vega. No seu interior destacan os tres retablos do altar nos que se combina escultura e pintura. O gran cadro que preside o altar é obra de José San Martín, copia do orixinal de Francis Rizi que se queimou no incendio de 1824. Entre os tesouros artísticos da igrexa sobresae un lenzo de Alonso Cano. Nesta capela, hai unha imaxe de Cristo, executada polo escultor Alfonso Vergaz, e que chegou a ser unha das máis veneradas da Villa. Por último, decir que durante el Antiguo Réximen, a Parroquía de San Ginés chegou a ser unha das parroquias máis importantes de Madrid. Está igrexa da nome á Plazuela de San Ginés.

No hay comentarios:

Publicar un comentario