explicación etimolóxica...

Existen varias explicacións sobre o origen do topónimo Francelos, pero ningunha resulta concluinte e definitiva. Estas son algunhas das posibles raices, según distintos estudiosos:

-XERMÁNICA: Os antigos pobos Francos, eran colonizadores que se estableceron na península en xeral, e en Galicia e Portugal en particular. Ditas tribus xermánicas occidentais, deron lugar a moitos lugares en España. Ademais, denominábanse "Francos" aos terreos comunais ou terras non aforadas, situados en campo aberto e a beiras dalgún río. Provén da palabra xermánica "Frank", que significa libre. Polo que se cre, que Francelos tería unha raíz xermánica, có significado de terras francas, unido a un diminutivo afectivo, dando lugar a "Francellus".
-FRANCESA: En Francelos cóntase, que existía un Mosteiro donde convivían monxes benedictinos, entre os séculos VII e IX, e que estaba dedicado a San Xes. Este santo naceu en Arlés (Francia) a principios del século V, e morreu o 25 de agosto do ano 430 (día da súa onomástica). Polo que se pensa, que a palabra Francelos orixínase debido á procedencia francesa de San Xes.
-POPULAR: Esta versión é a menos coñecida, e a máis ficticia. Cóntase que no Mosteiro vivía un monxe chamado "Fraicellus", que as xentes dos arredores adorábano, xa que era unha persoa moi afable, que sempre se paraba a falar cos veciños que atopaba ao seu paso, posto que disfrutaba moito charlando e contando historias. Pero a veces non o achaban, entón comenzaban a vocealo seu nombre... "Fraicellus, Fraicellus...", e desta maneira, extendeuse o nome a todo o val.

A primeira vez que se atopou una referencia a Francelos, é nun documento do ano 986, donde recoñece unha doación ao Mosteiro de San Salvador de Celanova. Despoís, nun documento do Tombo de Celanova (conservado no Arquivo Histórico Nacional) do ano 993, aparece unha nova referencia sobre o Mosteiro de Francellos, documentándose desta maneira a existencia dunha comunidade monástica.
Cal foi a duración deste mosteiro e cando desapareceu é moi dificil de determinar. O certo é que nun documento do 1156 dictado por Alfonso VII, confírmase unha división feita polo Bispo de Tui e o Cabildo, mencionándose na Igrexa de Santa María de Francelis. Durante os séculos XII a XIV, a entidade poblacional de Francelos, sigue aparecendo en documentos, como no do ano 1176, no que Fernando II, outorgou o Couto de Francelos ao Mosteiro de Santa María de Melón.
A primeira mención da Capela de Francelos, é nun foro do ano 1424, do Cabildo de Tui, nombrando aos moradores da ermita. A partires desta data, aparecen multitude de documentos de foros, arrendamentos e outros negocios xurídicos donde aparece plenamente identificada a capela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario